A Tarde
Un dos mellores bocadillos de España está en Ourense
A cafetería ourensá La zapatería del abuelo alcanzou o terceiro posto no concurso de Bocadillos de Autor de Madrid Fusión. O prato presentado está composto por pezas de papos adubados con salsa de poke hawaiano. Este bocadillo busca, en palabras de Beatriz Alcalá (unha das súas creadoras), mesturar o recordo á infancia coa modernidade e a internacionalidade.