A Tarde
As candorcas, a xuízo: son perigosas para os humanos?
Ano tras ano, ao final do verán é habitual que pasen polas costas galegas candorcas. No 2017 facíase viral o video dos mariñeiros do Romina. Avistaran candorcas na ría de Muros.
Analizamos o paso chamativo este ano das candorcas pola costa. Da man da colaboradora Xiana Albor conversamos con Alfredo López, biólogo da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA).
"A xente asústase de algo que descoñece"