CRTVG

Buscar

A Tarde

Los Saxos del Averno comezan en Galicia a súa xira despois do confinamento

30/07/2020 - 18:17 h

O grupo Los Saxos del Averno están a piques de comezar a dar os seus primeiros concertos logo da corentena pola pandemia. Arrincará en Sarria o 8 de agosto no marco da 2ª edición do Festival Verbena. Los Saxos del Averno son un grupo con sede en Madrid, pero cun protagonista galego nas súas filas. O bluesman santiagués Adrián Costa é o cantante e guitarrista. Conversamos con el e co seu compañeiro Dani Niño.

Revista de información e entretemento