CRTVG

Buscar

A Tarde

Marcos Pardo estrea no programa 'A tarde' o tema 'Galicia, miña terra'

30/04/2021 - 18:14 h

Marcos Pardo presenta o seu primeiro disco. Trátase dun traballo que consta de once temas que están dispoñibles nas plataformas dixitais. O autor anuncia que están traballando na saída do formato físico. 

Á par ca o seu primeiro disco, Marcos estreou no programa 'A tarde' o tema 'Galicia, miña terra'. Afirma que tiña moita gana de publicar algo emotivo sobre Galicia. 

O artista foi concursante dos Recantos do programa 'Luar' na temporada 2015/2016. Ademais tamén escribe e está a piques de publicar a súa terceira novela. 

Revista de información e entretemento