A Tarde
O camiño de regreso de Rubén de Lis: ‘Volta a Galicia en 6 cordas’
O músico Rubén de Lis presenta ‘Volta a Galicia en 6 cordas’, un espectáculo en que divulga a nosa lingua con cancións propias, pero tamén con adaptacións de Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Álvaro Cunqueiro… O de Gondomar mestura o clásico e o popular, cunha fusión entre guitarra, folk e sons máis actuais neste proxecto. Todo un trotamundos, de Galicia ao mundo.