CRTVG

Buscar

A Tarde

As distintas situacións do ocio nocturno galego: música en directo, apertura tardía ou peche momentáneo

29/07/2020 - 16:30 h

Está a piques de facer un mes dende que os locais de ocio nocturno en Galicia poden abrir. Durante este tempo sucederon diferentes episodios que puxeron en cuestión esta decisión. Non obstante, quixemos achegarnos a tres establecementos que escolleron vías distintas. Coñecer as súas inquedanzas e ver como está o sector.

Conversamos con Plenario Veiga, responsable da discoteca Hermo de Muimenta (Cospeito). Este local aínda non abriu. Plenario afirma que non o ve viable ata que todo isto cambie. "Vexo complicado abrir ata que haxa unha vacina ou un medicamento", apunta.

O pub Gatos de Melide abriu nos primeiros días de xullo. Ademais, segue apostando pola música en directo. Conversamos co seu responsable, Fernando Casal 'Nani'. "Hai que estar sentados nos concertos, con distancia e máscara", salienta.

No Barco de Valdeorras atópase a sala Baranda. Tamén é un establecemento que aposta pola música en directo. Pero de momento teñen aprazadas as actuacións. O local abre para unhas cen persoas como máxima ocupación. "Pola nosa conta decidimos reducir a ocupación a 100 persoas. A xente enténdeo", destaca.

Revista de información e entretemento