CRTVG

Buscar

A Tarde

José Luis Bernal 'Farruco' publica 'Eles e mais eu, compostelaneando'

29/06/2020 - 16:30 h

Sempre se di que todos levamos dentro o pequeno que fomos, pero hai casos en que esa rapaza ou rapaz se ve claramente a pesar das canas, das engurras, do corpo encorvado… Un deses casos é o noso convidado, autor dun libro que promete emocionarnos, unhas veces con risas e outras con choros. El é José Luis Bernal, Farruco.

Monologuista, presentador, actor, humorista e, ante todo, un narrador. Por iso extraña que este sexa o seu primeiro libro, porque el leva todo a vida facendo novelas e relatos na tele, nos bares… en todas as partes, o que pasa é que desta volta sentou e trazou a semblanza de case 40 composteláns como as Marías, o seu irmán Diego (a quen lle dedica o libro), o pintor Villacines, Fraga, o Zapatones… En Eles e mais eu, compostelaneando, publicado por Galaxia, conta as súas vidas, pero acaba contando a propia, a vida de do noso querido Farruco que sempre que te cruces con el, na realidade ou na ficción, mellora o teu estado de ánimo. Aínda que che conte penas.

En A tarde, falamos con José Luis Bernal, Farruco.

Revista de información e entretemento