CRTVG

Buscar

A Tarde

Antía Muíño: "Con 'Carta aberta' confirmei que chegas á xente independentemente do idioma"

29/04/2021 - 16:25 h

A artista Antía Muíño presentou un novo sinxelo da man de Raso Estudio. Presenta 'Herba de namorar' facendo unha revisión propia dun tema do que xa tiña algunha que outra gravación. 

"Ata que estea tocando no Festival de Jazz en San Sebastián non o vou crer"

A cantante da contorna de Santiago, aínda que con raíces na Costa da Morte, desenvolve actualmente a súa carreira dende Donosti. De feito, en xullo vai formar parte do Festival de Jazz en San Sebastián; un dos máis recoñecidos do Estado. 

O anterior sinxelo chámase 'Carta aberta'. Con este tema Antía traspasa fronteiras. Nalgunha plataforma dixital acumula máis de trescentas mil reproducións. 


 

 

Revista de información e entretemento