A Tarde
De escoitar que "o sabugueiro non se come" a crear unha marca baseada nesta planta
Xiana Albor preséntanos a Eva González, unha das fundadoras de Carabuñas. Esta marca obtén produtos moi diferentes do sabugueiro, unha das especies máis importantes en Galicia e presente nas beiras dos ríos. Marmelada, turrón ou mesmo bombóns son algunhas das elaboracións creadas a partir da flor ou do froito deste arbusto.
“Do sabugueiro aprovéitase todo: madeira, flor, froito, follas… Por iso todas as vivendas tiñan un sabugueiro preto”.