CRTVG

Buscar

A Tarde

Viaxar coa música ás costas

28/12/2021 - 16:19 h

Aquilo de marchar coa música a outra parte non é tan sinxelo como un podería pensar. Que llo digan, senón, a Gustavo Almeida e á súa compañeira de viaxe, Guitarra Guitarra. Con ela non puidemos falar, pero si co seu dono, con Isabel Vilaseco, da Axencia de espectáculos Culturactiva, e con Ramón Rey García, doutor en dereito e avogado especializado en dereitos de autor e propiedade industrial, sobre as anécdotas, peripecias e complicacións que chegan cando un artistas debe voar cos seus instrumentos musicais.

Revista de información e entretemento