CRTVG

Buscar

A Tarde

Arcadio Falcón versiona a Bob Dylan no seu último traballo

28/07/2021 - 17:39 h

O músico, xornalista e compositor Arcadio Falcón volve ao traballo. Poucos meses despois da súa última publicación inicia un novo proxecto, no que versiona e arranxa cancións "menos coñecidas" de Bob Dylan. 

A idea: facer que primen as non sempre claras letras do cantautor americano. Arcadio, fillo de galegos, presenta este EP composto por catro sinxelos. Este verán voltará a Galicia para presentalo. Convidámolo ao programa para coñecer estes novos arranxos. 


 

 

Revista de información e entretemento