A Tarde
Laura Vallejo: "É unha sorpresa nova cada día que unha persoa te felicite polo teu traballo"
A instagramer meirega Laura Vallejo continúa aumentando o seu número de seguidores en Instagram. Ela é operadora forestal e traballadora do rural. Na súa conta desta rede social visibiliza o seu día a día entre máquinas do sector forestal e madeira. Conversamos con ela para coñecer a súa rutina.
"Adoito publicar unha foto cada dous días. Non é nada super elaborado. Depende do traballo en si que fago a diario"