A Tarde
O médico ourensán que sempre quixo ser músico: "Cando ía de viaxe visitaba monumentos e tendas de discos"
Casiano Feijóo García traballou como médico de atención primaria no Pereiro de Aguiar. Dende neno quixo aprender a tocar a guitarra, pero non o fixo ata os 57, anos grazas ao seu amigo Elías e ao músico José Rubio. "Pasei a ser o seu médico e el o meu profe de guitarra", ri. "Nunca pensei compoñer unha canción, pero xa estou traballando nun segundo disco". De momento, podemos gozar do álbum Casiano 65.