A Tarde
Os guías turísticos deben estar acreditados para traballar na profesión
Con motivo do Día do Turismo, quixemos adentrarnos na profesión de guía. Puxémonos en contacto con Tomi Alvarellos, guía turístico e presidente da Asociación de Guías de Turismo en Galicia, e pillámolo descansando no Cebreiro tras facer unha ruta do Camiño de Santiago cun grupo de clientes de Austria. Falamos con el da profesión de guía, do bonita que é, do que se precisa para selo, da moda dos free tours e do necesario que é que nos fixemos sempre en que os guías estean acreditados.