CRTVG

Buscar

A Tarde

Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova son 'Orixinal Galegos'

27/08/2021 - 16:19 h

A escena da música urbana en galego non é moi ampla, pero contamos con grandes nomes moi recoñecidos. Por unha banda atopamos a Dios Ke Te Crew, con case 15 anos ás costas e un rap de estilo máis clásico. Pola outra, Boyanka Kostova, un dúo con poucos anos de vida, pero cuxo son chegou aos confíns do mundo. 

As dúas agrupacións decidiron xuntarse para lanzar dous sinxelos. O primeiro deles, titulado 'OG', acaba de ser presentado ao público. Convidamos a Mou, de Dios Ke Te Crew, para que nos conte como foi a confección deste tema.


 

 

Revista de información e entretemento