A Tarde
Cecilia Díaz: "Esta exposición de Isaac era unha débeda de Galicia"
Cecilia Díaz é fotógrafa e artista multimedia. Ademais foi cantante da banda Santa Rita. É unha galega afincada en Barcelona, pero que estes días anda por Galicia. Un dos motivos principais é porque está traballando nun proxecto audiovisual sobre a exposición As miradas de Isaac sobre Díaz Pardo. Cecilia é neta do artista do que neste mes se fixeron cen anos do seu nacemento.
Conversamos con Cecilia sobre o proxecto que ten entre mans e do valor sentimental que ten este traballo.
"Vaise poder ter unha conversa co Isaac Díaz Pardo de diferentes épocas", salienta.