A Tarde
Adrián Timms xunta uns sete mil euros para sacar adiante o seu disco
Adrián Timms conseguiu o reto da súa campaña de mecenado para sacar adiante o disco 'Part Won'. Xuntou algo máis de sete mil euros que lle permiten publicar o disco e comezar a promoción.
"Cada paso do disco ten o seu investimento e as súas horas de traballo"
Timms está só na produción do seu traballo. É un músico de rúa que tocou por diversos puntos da cidade de Vigo. "Para min a rúa é un escenario máis", apunta.
"Na rúa podo gañar sesenta euros por actuación ou nada"
O músico inglés leva residindo en Vigo uns seis anos. Prepara detalles dunha xira que quere dar por Galicia se a situación sanitaria o permite.
"Hai que preparar cousas por se se pode tocar nas salas"