A Tarde
Enrique Ramil: "Agora entendo o 'Adiós ríos, adiós fontes' de Rosalía"
O cantante galego Enrique Ramil desenvolve nestes momentos a súa carreira entre Estados Unidos e México. Conta xa con máis de quince anos de traxectoria. Trátase dun artista camaleónico con influencias en distintos estilos.
"En 2005 decidín loitar pola música e marchei para Madrid"
Enrique asinou cun selo americano e está alí dende setembro. Conta con ter novo disco para o Nadal. E desexa tamén vir por Galicia xa que leva ano e medio sen poder facelo.
"Na rúa aprendes que se ti estás ben, á xente tamén lle chegas"
O artista deuse a coñecer en diversos programas televisivos. Ademais tamén traballou cantando na rúa en Londres durante dous anos.