CRTVG

Buscar

A Tarde

A importancia de protexer a auga para manter un termalismo sostible

26/11/2019 - 16:28 h

Os balnearios galegos organizan un evento sobre termalismo sostible. O foco poñerase na relevancia de protexer a auga para garantir o seu funcionamento no futuro. Na actualidade hai 21 balnearios en explotación en Galicia.

Conversamos co xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor. "Tamén aquí hai oportunidades para aqueles que están cursando enxeñería de minas. Os balnearios son dinamizadores socioeconómicos. Crean emprego propio e unha economía de arrastre nos lugares nos que están", apunta. 

Revista de información e entretemento
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí