A Tarde
Rochas de chocolate, unha larpeirada galega con éxito de venda
No restaurante Retiro da Costiña (Santa Comba) teñen por costume elaborar os seus menús cun remate chocolateiro. O seu chef, Manuel García, descríbenos o seu exitoso produto: bombóns ou rochas de chocolate. Levan tres meses facendo 20.000 rochas diarias e estiman que venderán 300.000 caixas nesta tempada, nada menos!