A Tarde
'Juana I, la reina cuerda', a obra que desmente a loucura da soberana mellor preparada do Renacemento
Falamos dunha nova achega baseada no libro Juana I, la reina cuerda, do que é autora a historiadora María Lara Martínez.
María xa nos explicou noutras ocasións a traxectoria desta raíña que pasou 47 anos pechada no palacio de Tordesillas por decisión primeiro do seu pai, Fernando o Católico, e do seu fillo, Carlos V, sendo anteriormente as súas posesións obxecto da ambición do seu marido, Felipe o Fermoso.
Neste libro, María Lara desmente a lenda de que Xoana estivese tola e explica cales foron os mecanismos de resiliencia da soberana mellor preparada do Renacemento.