A Tarde
Catro de cada dez condutores non pasan a ITV cando deben
Na nosa semanal colaboración de seguridade e educación viaria con Maximino Pérez hoxe falamos de pasar a ITV, de por que non todo o mundo a pasa cando debe e das consecuencias disto. Tamén falamos da síndrome do carril esquerdo e de como ir en motocicleta con nenos e nenas: estes só poden montarse no vehículo dende os sete anos, pero non é ata os doce que o poden facer con calquera persoa.