CRTVG

Buscar

A Tarde

'Un ano no Carballal', un libro sobre a vida de antes e a de agora no Courel

26/08/2021 - 17:16 h

Sonia García, licenciada en Xeografía e Historia, di que a primeira vez que viu O Courel marcou un antes e un despois na súa vida. Tanto foi así, que o puxo no centro da súa vida. Marchou vivir alí durante o tempo no que desenvolveu o traballo de campo para o libro que agora presenta, 'Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel'. Articulado grazas ás achegas da veciñanza, esta obra é mostra da etnografía, identidade, tradición, música... da zona.

Revista de información e entretemento