CRTVG

Buscar

A Tarde

Científicos da USC descobren unha nova función da proteína p53 fronte á diabetes

26/08/2021 - 16:45 h

A diabetes está considerada como a sétima causa mundial de morte pola Organización Mundial da Saúde. A p53 é unha proteína con funcións relacionadas coa resposta do noso corpo ante o cancro. Que teñen que ver estes dous feitos? Pois o novo achado dos investigadores da USC, que descubriron unha nova función da proteína p53, que interviría, cunha actividade regulatoria, na produción de glicosa, un proceso gravemente alterado nas persoas con diabetes.

Esta descuberta abre novas liñas de investigación que dan moita luz á pescuda de novos tratamentos ou mesmo unha cura para unha patoloxía tan grave e estendida coma a diabetes.


 

 

Revista de información e entretemento