CRTVG

Buscar

A Tarde

Investigadoras do Campus de Lugo, na procura de fondos para o estudo de enfermidades raras

26/04/2021 - 17:05 h

Un grupo de científicas da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo anda na procura de financiamento e visibilidade para estudar enfermidades raras ou ultra raras. 

"É importante que a cidadanía entenda a necesidade de investir en investigación"

Teñen en marcha unha campaña de mecenado. O obxectivo é recadar uns 30.000€. Ademais de divulgar entre a cidadanía os seus coñecementos. 

"O peixe cebra converteuse nunha revolución en moitos laboratorios de biomedicina"

O seu método de estudo céntrase no peixe cebra. Este animal ten unhas características xenéticas moi similares ás das persoas. Conversamos con Maribel Quiroga, profesora de Anatomía Patolóxica.

Revista de información e entretemento