CRTVG

Buscar

A Tarde

Batea, a música folk e rock que vén nunha lata de conservas

26/04/2021 - 16:39 h

O grupo Batea apareceu en 2020. É o novo proxecto dalgúns dos compoñentes de Vilandeira, unha banda con máis de dez anos de traxectoria. 

Batea ten sede en Vigo, algo que quedou reflectido no seu primeiro disco. Chámase 'Tampoco somos los Rolling'. Nel inclúen temas como 'Cachamuíña on fire', en referencia á Reconquista. 

O primeiro traballo preséntano nunha lata de conservas. Nela inclúen a música en formato USB e máis información sobre o grupo. Conversamos con Chema Alonso (gaiteiro) e André Taboada (violinista). 

Revista de información e entretemento