CRTVG

Buscar

A Tarde

Só pode quedar unha persoa en Castro Caldelas nunha proba de resistencia

25/10/2019 - 16:42 h

A proba de resistencia Spain Backyard Ultra chega a Castro Caldelas. Este sábado darase a saída ás 10 da mañá, pero non ten hora de remate fixada. Os 120 inscritos teñen que dar unha volta a un circuíto de 6,7 km. Deben de facelo en menos dunha hora para non quedaren eliminados. E así, sucesivamente, ata que quede só un. Conversamos cun dos organizadores da carreira, Manuel Rolán.

"Non sabes nin cantos días vai durar nin cantos quilómetros van percorrer", sinala. 

Revista de información e entretemento