A Tarde
O proxecto Luto en colores busca romper o tabú da morte
Este sábado desenvólvese na Coruña as xornadas Luto en colores. O proxecto é impulsado por Silvia Melero, quen escribiu un libro do mesmo nome. Conversamos coa xornalista e escritora.
"Marabilloume a riqueza cultural que hai en Galicia con respecto á morte", apunta. "Xulgámonos con moita dureza cando sempre facemos o que podemos. Pero hai cousas que non podemos controlar", destaca.