A Tarde
Que non facer cando dous cans pelexan: nada de tirar pola correa nin berrar nin pegar
O adestrador canino Carlos Carrasco deunos as chaves por se vemos enleados dous cans algunha vez. O primordial é intentar que o can abra a boca, o que se pode lograr se lle quitamos algo de aire dalgún xeito ou se lle apertamos os xenitais. Polo demais: nada de pegarlle, que faremos que teña máis rabia; nada de berrar, xa que o can non escoitará nada; e intentar tomar as rendas da situación.