A Tarde
'Arraigadas á terra': A cara e a voz das mulleres da comarca de Monterrei
Arraigadas á terra trátase dunha peza audiovisual que recolle testemuñas de mulleres da comarca de Monterrei. A través dos seus relatos podemos facernos unha composoción de todas as vivencias que pasaron. Abórdanse aspectos como a sexualidade, a escravitude ou a educación.
O documental está dirixido pola verinesa Iris Justo. Conversamos con ela sobre o que significou un ano de traballo e as proxeccións que se están comezando a desenvolver. "Dáste de conta que debemos valorar máis os nosos maiores e que temos que escapar da imaxe idílica da muller", salienta.