CRTVG

Buscar

A Tarde

Tomás Souto triunfa co 'Primeiras citas' entre estudantes de Compostela

25/05/2021 - 18:07 h

Tomás Souto é un estudante de Psicoloxía na USC que ten como afección a súa canle de Youtube, tomashow. Nela desenvolve distintos espazos de entretemento. O último que creou é o 'Primeiras citas'

"O obxectivo principal é que os participantes se sintan cómodos"

Trátase dun espazo en que mozas e mozos tentan pasar un bo momento e, quizais, atopar o amor. O primeiro vídeo desta serie supera as dez mil reproducións. Os participantes realizan primeiro un test de compatibilidade. E logo o organizador cadra as citas. 

"A xente nova pode facer grandes proxectos con coñecementos e disposición"

Revista de información e entretemento