A Tarde
A esperanza pona a música de Deleiba dende Muros
Deleiba presentou hai uns días o seu tema 'Erguerse', acompañado dun videoclip. É un sinxelo que polas circunstancias sanitarias quedou fóra do EP presentado o ano pasado (MMXX).
Mauro, batería: "Centramos todos os esforzos neste tema, e está dando os seus resultados"
A canción introdúcena como a mensaxe de esperanza do rock galego. No vídeo cóntanse tres historias. Os roles de xénero da infancia, a liberdade sexual e a perda dun ser querido. Foi gravado en tres zonas de Muros. Na Fábrica de Sel, no Museo Marítimo e a actual sede do Club de Remo.
Dani Pérez, director do videoclip: "A mensaxe é tirar para diante. Decidín orientalo a tres historias que provocan iso"
A banda de Muros agarda volver canto antes aos escenarios. Aínda que recoñecen que, polo momento, aínda non poden ensaiar. Para este ano están no cartel do Festival Tsunami Xixón e no Festival Carrilanas de Esteiro.