CRTVG

Buscar

A Tarde

Galinsect, a primeira granxa de insectos galega

25/01/2023 - 15:35 h

Galinsect é unha empresa que marca camiño dentro do sector galego da alimentación con insectos. Este negocio cría larvas de vermes da fariña para facer pensos de consumo animal.

"Teñen un elevado valor nutricional e proteico, son ricos en ácidos graxos e presentan un alto contido en omega 3 e omega 6", explica Rubén Recamán, un dos responsables da empresa.

 


 

 

Revista de información e entretemento