A Tarde
Nace o UVigo Aerotech, creadores de avións de pequeno tamaño
Pouco antes do confinamento, un grupo de alumnas e alumnos do Grao de Enxeñaría Aerospacial do Campus de Ourense crearon o equipo Uvigo Aerotech. Trátase dunha agrupación que xira en torno ao aeromodelismo. O obxectivo é complementar a formación da universidade e participar tamén en competicións universitarias.
Dende hai unhas semanas xa teñen o prototipo do primeiro avión de pequeno tamaño. Conversamos con Guillermo Rey, profesor da Escola de Enxeñería Aeronáutica e con Alejandro Sanz, estudante do Grao e alma máter do equipo.