A Tarde
Andrea Pousa presenta o segundo disco en solitario e comezará xira en xuño
A artista tomiñesa Andrea Pousa publica o seu segundo traballo discográfico en solitario. Titúlase 'Retorno' e é para ela unha volta ás súas raíces.
"Considérome galaico-portuguesa"
"O proceso levoume ata aquí; é algo moi meu". Andrea estréase como compositora e produtora musical. Colabora neste disco co produtor portugués Paulo Borges.
"Deixamos de desfrutar o momento por sacar unha foto"
As letras están inspiradas en aspectos cotiáns. O amor e o desamor tamén deixan protagonismo a certas autocríticas á sociedade. Especialmente a superficialidade ou a falta de amor propio.
"Eu mesma considérome atrapada moitas veces nas redes sociais"
A xira de presentación comezará en xuño. Andrea promete que enriba do escenario vai verse un "espectáculo moi potente".