A Tarde
Marés sonoras estrean en directo o seu traballo 'Sueños Ibéricos'
Dende este venres está dispoñible en distintas plataformas dixitais o traballo de Marés Sonoras, 'Sueños Ibéricos'. Trátase dun disco (tamén dispoñible en formato físico) que recolle distintas sonoridades da Península Ibérica.
Marés Sonoras é o proxecto de Patricia Cadaveira e Marcel Pascual. Con eles conversamos. Interpretaron en directo dúas pezas. 'A proa' de José Afonso e 'Nana' de Manuel de Falla.