CRTVG

Buscar

A Tarde

Empresas galegas, en contra do Black Friday: "É irresponsable"

23/11/2022 - 15:42 h

Ás portas do Black Friday, falamos dalgunhas empresas galegas que se suman ao movemento que tenta fuxir das rebaixas e compras masivas. Tatiana Glez, da marca de calzado pontevedresa BeFlamboyant, ou a empresa de Muros Fresco y del Mar foron algunhas das que falaron con nós. "É unha aberración que se fagan estes descontos en marisco e peixe", sostían. Tamén Mónica Cordero, que ten unha tenda na rúa Picavia da Coruña, opina contra o Black Friday: "Non nos gusta que se merque de forma compulsiva". 

Á súa vez, Correos puxo en marcha unha campaña para fomentar un consumo responsable en aras do coidado do planeta. Pero como se vive a época do Black Friday dentro dunha empresa de mensaxería coma esta? José Antonio Pensado, responsable do sector postal de CCOO-Galicia, explícao:  "Aumenta o traballo nos centros de clasificación, porque non contratan máis xente. Pérdese calidade".


 

 

Revista de información e entretemento