CRTVG

Buscar

A Tarde

Juan Romero: "A intelixencia artificial ten que axudar, non substituír"

23/04/2021 - 16:23 h

Juan Romero acaba de ser premiado cun galardón a nivel europeo. Designado como mellor investigador en intelixencia artificial e computación evolutiva de Europa.

"O programa encontra unha solución que como humanos non entendemos" 

Romero é investigador da Universidade da Coruña. Traballa coa computación evolutiva que é unha rama da intelixencia artificial. Propón o uso da xenética para a resolución de problemas. "Este método en vez de crealo, críalo", afirma Juan Romero. 

"Hoxe en día, as máquinas superan os humanos en xogos complexos como o xadrez"

Un dos campos onde utiliza a súa metodoloxía é a estética. Nun primeiro momento planificamos a idea de conseguir predicir o gusto estético dunha persoa ou ser quen de xerar unha imaxe que se poida vender como obra de arte. Dende a UDC colaboran tamén coa universidade portuguesa de Coímbra

Logo de case vinte anos de investigación, tiveron a opción de poder levar as súas investigacións á realidade. En xaneiro comezaron unha empresa usando moitas técnicas de intelixencia artificial propia. Son quen de averiguar que imaxe ten un impacto comercial máis alto. 

"Vexo necesaria unha regulación que axude os investigadores de intelixencia artificial"

 

Revista de información e entretemento