A Tarde
Os irmáns Seijas, detrás do novo proxecto musical Neno
Neno é un grupo que acaba de saír á luz. Publicaron o seu primeiro sinxelo titulado 'Fuimos malos'. A banda nace en Madrid, pero ten matices galegos. Está formada polos irmáns coruñeses Adrián e Pablo Seijas, Nico Vieites (técnico de monitores en Luar na Lubre), Álvaro B. Baglieto (baixista de Vetusta Morla) e Juanma Latorre.
"Tomámolo todo como a broma, pero é unha broma moi seria"
Adrián Seijas é colaborador habitual tamén de Xoel López. Neno sae sen presión e coa idea de dar concertos o ano que vén. Agora céntranse en ultimar novas composicións.
"O que nós facemos é bastante desenfadado e festivo"