CRTVG

Buscar

A Tarde

Broken Peach volve á carga por Nadal con 'Let it snow'

21/12/2021 - 18:05 h

Disque o Nadal do mundo comeza cando Abel Caballero inaugura a fabulosa iluminación de Vigo. Con todo, malia as luces, a nora, o carrusel e toda a parafernalia posible, aínda estaba por chegar o vídeo de Nadal de Broken Peach.

Os vigueses publican o seu novo sinxelo de Nadal, Let it snow. A canción, escrita por Sammy Cahn, composta por Jule Styne e popularizada por moitos artistas, entre os que habería que salientar a Frank Sinatra, transfórmase nesta versión dos Broken Peach que mesmo inseriron unha orixinal ponte no medio da peza de composición propia e, dende logo, abraiante.

De todo isto e máis falamos con Pepo González, guitarrista, pianista e produtor da banda.

Revista de información e entretemento