A Tarde
Numax, o círculo perfecto para o cinema
Hai proxectos culturais en que parece que todo encaixa á perfección. O lugar onde todo comeza e acaba, e onde o amor polo cinema o vertebra case todo. É o caso de Numax, en Santiago de Compostela. Á parte do cinema-libraría, esta cooperativa tamén conta cun laboratorio de deseño gráfico, comunicación e vídeo. Xan Gómez, un dos socios traballadores e programador do cinema, anda estes días no Festival de Cine de San Sebastián, pero sacou un oco para atender o programa 'A tarde'.