A Tarde
Josan Mosteiro estréase cun 'thriller' ambientado no rural galego: desaparicións, lendas de mouros e moita acción
'La cosecha pálida’ é unha novela negra que arrinca do revés: para explicar unha desaparición, o primeiro que ocorre é a reaparición. Crucita regresa a Calixe, unha vila do rural galego, catro anos despois, para explicar que foi secuestrada polos mouros. Contra todo prognóstico, asegura que foi o mellor que lle puido pasar. Así arrinca o thriller escrito por Josan Mosteiro, escritor e guionista catalán con raíces en Melide.
“Pasaba os veráns en Melide e miñas curmás falábanme da Santa Compaña”