A Tarde
Armando Castosa: "Para Cospeito é case inasumible comprar a torre de Caldaloba"
A Xunta comprométese a poñer en valor definitivamente a torre de Caldaloba en palabras de Armando Castosa, alcalde de Cospeito.
"Levamos facendo xestións coa propiedade hai máis de dous anos"
Non obstante, para que se poida levar a cabo a actuación neste monumento é necesario que a súa titularidade sexa pública. Nestes momentos está en mans privadas.
"Cando quen compra é unha administración, o prezo é técnico"
Hai dúas opcións a seguir: mercala ou conseguir unha cesión de uso durante un tempo prolongado. O alcalde recoñece as dificultades para comprala por parte do Concello chairego.
Raúl Villares visitou a contorna na parroquia de Pino en Cospeito para coñecer a importancia deste patrimonio.