CRTVG

Buscar

A Tarde

Crimes 'de libro', con Reyes Calderón

22/03/2022 - 18:06 h

Volve a gran dama do crime en España: Reyes Calderón, unha das grandes pioneiras do thriller no noso país e creadora da saga da xuíza Lola MacHor, que desta volta nos ofrece unha novela que mestura a trama policial coa mellor intriga psicolóxica. Non imos desvelar moito da obra: un cadaleito que ninguén reclama, unha irrefreable sede de vinganza e unha gran dose de macabrismo. Tres dos moitos elementos fiados ao longo dunha historia criminal orixinal e sorprendente nun Madrid colapsado pola pandemia.

Revista de información e entretemento