CRTVG

Buscar

A Tarde

Lousame estende o Entroido e reivindica a igualdade

22/02/2021 - 16:38 h

O Concello de Lousame sacou adiante a iniciativa Entroido en Igualdade. Une a festa do Entroido coas reivindicacións de igualdade de xénero. 

Convócase os veciños e veciñas a participar nunha iniciativa que implica as sete parroquias do municipio. Conversamos coa concelleira de cultura de Lousame, Silvia Agrafojo. 

Aproveitamos para coñecer da man da concelleira a situación epidemiolóxica do concello. Este luns, Lousame conta con cinco casos activos. Entrará dentro do nivel de restricións máis aliviadas

"O obxectivo son os cero casos. Pedimos que se cumpran as normas"

Revista de información e entretemento