CRTVG

Buscar

A Tarde

Baiuca e Laura Lamontagne presumen de galego universal

22/02/2021 - 16:22 h

A Universidade de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega desenvolven unha campaña co obxectivo de conectar a mocidade co galego. Un grupo de alumnos de Xornalismo de Comunicación Audiovisual crearon 'Conseguiremos'. 

Baiuca: "A toma de decisións de cada un é o que fai que nós como país volvamos ter un idioma forte"

Trátase dunha serie de charlas protagonizadas por galegos e galegas relevantes no seu. Unha especie de referentes que triunfan co galego. A primeira entrega ten como baluarte principal a Vero Boquete. No segundo capítulo chegan os proxectos musicais de Álex Guillín, Baiuca e Laura Lamontagne

Laura Lamontagne: "Os certames culturais e outro tipo de actividades levoume a saber que o galego pode ser un vehículo para todo"

Conversamos cos artistas para coñecer a súa relación co galego. Aproveitamos para saber máis de en que están traballando. Anuncian novos proxectos de xeito inminente. 

Baiuca: "Aproveitei bastante ben este ano. Estes días contarei máis cousas"

Revista de información e entretemento