CRTVG

Buscar

A Tarde

O saxofonista Pedro Iturralde recibe unha homenaxe en Redondela

21/11/2019 - 18:28 h

Pedro Iturralde é unha das lendas vivas da música. Un grupo fixo posible que o saxofonista viñese a Galicia. A Orquestra de Saxos de Redondela e a Xingos Big Band; xunto coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Redondela e o Concello organizan estes días unha homenaxe con concertos.

Conversamos con Iturralde aos seus 90 anos. "Non parei. Fixen unha vida de músico", sinala. Tamén falamos coa directora do Conservatorio Profesional de Música de Redondela, Elisa Arias.

"Esta xenial. Non pasa o tempo por el", destaca. 

Revista de información e entretemento