A Tarde
O concello de Arteixo ofrece un pioneiro servizo de exercicio físico acompañado dun adestrador
Manternos en forma é unha tarefa primordial, sobre todo co aumento do sedentarismo por mor da pandemia. Non ter forza en certas partes do corpo pode desembocar nunha doenza muscular ou articular.
É por iso que o concello de Arteixo pon en marcha un servizo pioneiro: dúas sesións gratuítas cun adestrador persoal para cada veciño.
Convidamos a Jose Ferreira, educador físico encargado do proxecto, para coñecer como está recibindo a poboación este novidoso programa.