A Tarde
Lucía Pérez: "Caro me custou ir con moda galega a Eurovisión"
Este sábado celébrase o Festival de Eurovisión nos Países Baixos. Regresa logo da súa suspensión en 2020. O evento fai sesenta e cinco anos.
O Festival ten uns seguidores moi fieis, coñecidos como eurofans. Conversamos con Lucía Pérez. Hai dez anos que a cantante do Incio representou a España neste espazo musical. Ademais conversamos con Samuel Bugía. O compositor coruñés fixo cancións para as eliminatorias previas en diversas edicións.
Lucía Pérez: "Cada canción ten que ser de acordo co intérprete"
"O meu formato de elección non tiña sentido e cambiárono", comenta Lucia Pérez. Recoñece que en diversos aspectos os artistas están limitados para decidir os aspectos que rodean a actuación. Un exemplo é a vestimenta, aínda que Lucía conseguiu subir ao escenario con moda galega.
Samuel Bugía: "Cando unha canción é gañadora é porque a vota case todo o mundo"
Os dous protagonistas salientan que aínda que poda haber certas dúbidas nos votos, cando alguén gaña débese a que a moitos países lles parece o mellor. Tanto Lucía como Samuel critican que España sempre estea entre as participantes. Consideran que sería bo que España tivese que preparar unhas semifinais.