A Tarde
Marco Gil crea un guindastre naval a escala con pezas de Lego
Marco Gil é o responsable de Todo Ocio Education en Narón. É un apaixonado das pezas de Lego. Da súa paixón, saíu a idea de crear un guindastre naval.
"É unha imaxe icónica da comarca"
O creador confesa que sempre tivo a intención de replicar algo coas pezas de Lego. Por casualidade, tivo a maneira de poder entender a máquina de verdade.
"Fun facendo, non era unha obriga e atopei un reto constante"
Marco recoñece que non sería quen de volver facer a mesma máquina. E tampouco sabería dicir o valor que ten. "Estaría mellor nun museo que posta en venda", afirma.